Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Patrimonio
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
IN C
ENSEMBLE MÚSICA PRÁCTICA
Fernando Buide, piano Joan Ibáñez, frauta Manuel Lorenzo, violonchelo Alejandro Sanz, percusión
ESTUDANTADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PROGRAMA
Terry Riley (1935) In C (1964)
Composta en 1964, In C (En Do) é unha das obras fundamentais da música minimalista e unha das partituras máis influentes da segunda metade do século XX. Terry Riley concibiuna como unha obra aberta: 53 breves células musicais que cada intérprete repite libremente, avanzando ao seu propio ritmo sempre en diálogo co resto do grupo. O resultado é unha música en constante transformación, na que cada interpretación é única e irrepetible. A participación do estudantado neste concerto conecta coa propia esencia da obra. In C non entende a música como a suma de individualidades, senón como unha experiencia colectiva baseada na percepción, na cooperación e na creación compartida. Máis de sesenta anos despois da súa estrea, continúa demostrando que unha idea sinxela pode dar lugar a un universo sonoro de extraordinaria riqueza.
Entrada de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa)
Os convites estarán dispoñibles a partir do mércores 23, ás 11 horas en:
NOTA: Os convites serán válidos ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Superado ese tempo, as localidades que non fosen ocupadas, poranse á disposición das persoas interesada.
PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS