TRÍO PRESELI

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027

ESPELLOS ATLÁNTICOS

TRÍO PRESELI

María Hinojosa Montenegro, soprano
Simon Lewis, trompa
Daniel Pereira, piano
 

PROGRAMA

Anthony Randall (1937-2003) Autumn, Requiem, Lullaby*

Montserrat Lladó (1987) Obra de encargo de Trío Preseli** (2026)

Josep Guix (1967) Complany

Gina Gillie (1981) To Summer (2009)

Gabriel Ordás (1999) El Bosque (2005)

Claire Victoria Roberts (1992) Obra de encargo de Trío Preseli

*Estrea en España **Estrea absoluta
 


A trompa e o piano xunto á voz da soprano constrúen unha viaxe entre o íntimo e o paisaxístico, entre a palabra e o silencio, entre o que permanece e o que desaparece. Desde a peza de Anthony Randall, compositor e trompista galés, ata a nova creación de Montserrat Lladó, o programa debuxa pontes entre tempos, lugares e sensibilidades. Complany, de Josep Guix, nace tamén da poesía e da memoria, mentres To Summer, de Gina Gillie, achega unha nova luz ao percorrido. Para rematar, Gabriel Ordás lévanos a un bosque onde os pasos non deixan pegada, os sons se converten en ecos e aquilo que parece eterno revela a súa condición efémera

Duración: 
75 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa)

Os convites estarán dispoñibles a partir do mércores 23, ás 11 horas en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

NOTA: Os convites serán válidos ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Superado ese tempo, as localidades que non fosen ocupadas, poranse á disposición das persoas interesada.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 11 Maio, 2027
20:00
Auditorio de Galicia