FRAMES PERCUSSION

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027

FRAMES PERCUSSION

Sabela Castro, Javier Delgado, Daniel Munarriz e Miquel Vich, percusión
Helena Otero Correa, saxofóns
Itziar Viloria, electrónica en vivo e composición
 

PROGRAMA

Sarah Hennies (1979) Lives (2) para ensemble de percusión* (2001)

Raquel García-Tomás (1984) Pictures of the floating world para dous percusionistas, saxofón, vídeo e electrónica (2017)

Itziar Viloria (1997) Inventario de gustos, memorias y nostalgias** (2026)

*Estrea en España **Estrea absoluta. Encargo de Frames Percussion


Hai composicións que esixen presenza corporal, conciencia do espazo e atención ao detalle máis fugaz. Así, a música deixa de ser só algo que acontece no tempo e convértese nun espazo habitable. As pezas deste concerto comparten esa vontade de ampliar esa experiencia: coa estadounidense Sarah Hennies, un referente da percusión experimental e do postminimalismo, viaxamos cara ao interior do son en Lives (2). Lonxe da frialdade xeométrica tradicional, esta obra pon o foco na resistencia do corpo e na acústica da sala. Do eco suspendido pasamos á sinestesia desbordante de García-Tomás, quen fusiona percusión, saxofón, electrónica e vídeo. Inspirada nos gravados eróticos (shunga) do ukiyo-e xaponés, os seus sete movementos entrelazados traducen timbres en cores e formas. A peza de estrea de Itziar Viloria inscríbese nesa mesma procura, incorporando unha voz que amplía a invitación a experimentar a música desde dentro.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa)

Os convites estarán dispoñibles a partir do mércores 23, ás 11 horas en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

NOTA: Os convites serán válidos ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Superado ese tempo, as localidades que non fosen ocupadas, poranse á disposición das persoas interesada.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 9 Marzo, 2027
20:00
Auditorio de Galicia