BMSC · CONTEMPORÁNEAS

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

David Fiuza, director
 

PROGRAMA

Magdalena Argibay (1991) Tomeza* (2026)

Luis Serrapio (1992) Choiva das Cíes (2025)

León Durán (2002) Un rapaz da aldea* (2026)

*Estrea absoluta

A terra habitada, a luz, a choiva, as historias ou os nomes dos lugares permanecen na creación artística como unha resonancia que nunca deixa de estar presente. Esta proposta nace dese vínculo profundo con Galicia, non como evocación nostálxica, senón como territorio vivo desde o que pensar e crear no presente ofrecendo unha mostra da vitalidade e diversidade da nova música galega. Abre o programa Tomeza, de Magdalena Argibay, unha das voces femininas da creación musical galega actual. Choiva das Cíes de Luis Serrapio evoca unha paisaxe fondamente ligada a Galicia: o Atlántico, as illas, a choiva e esa natureza cambiante que tantas veces é fonte de inspiración. Pecha o programa Un rapaz da aldea, de León Durán, unha obra que dialoga coa memoria e coa literatura de Xosé Neira Vilas, a quen se dedica o Día das Letras Galegas de 2027, e en particular con Memorias dun neno labrego. Tres obras e visións actuais que invitan a reflexionar sobre a nosa identidade, a paisaxe e o feito de vivir e compoñer desde Galicia.

Duración: 
50 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa)

Os convites estarán dispoñibles a partir do mércores 23, ás 11 horas en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

NOTA: Os convites serán válidos ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Superado ese tempo, as localidades que non fosen ocupadas, poranse á disposición das persoas interesada.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 2 Febreiro, 2027
20:00
Auditorio de Galicia