BMSC · DÍPTICO POPULAR: VIÑETA II

DATOS BÁSICOS

Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta

Concerto: «Díptico popular: Viñeta 2»

BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

David Fiuza (director)

 

PROGRAMA:

Gustav Holst: Second Suite in F for military band
Carl Friedemann: Slavische Rhapsodie núm. 2
Gustavo Freire: «Festa n’A Tolda»(rapsodia galega nº2)
Frank Ticheli: Cajun Folk Dances, Part II
R.Soutullo & J.Vert: «La del Soto del Parral» Fantasía da zarzuela: 2ª parte
Enrique Granados: Marcha Militar núm. 2

Un dobre concerto en dúas viñetas: un díptico que captura obras en dúas partes e que percorre o repertorio ligado ao folclore e á música popular. O programa comeza cunha selección de repertorio histórico de diferentes lugares de Europa de principios do século XX (Holst coa música británica, o alemán Friedemann que se inspira no folclore eslavo, e a icónica rapsodia galega do compositor lucense, Freire). Como elemento de contraste sonoro programamos a obra de Ticheli que recolle o folclore americano cunha sonoridade renovada da banda, para pechar o recital coa tradición das transcricións bandísticas, especialmente a zarzuela de coautoría galego-valenciana (Soutullo e Vert), e rematar coa música que Granados adica ao monarca Alfonso XIII.

Acceso: 

Acceso libre ata completar capacidade

Info práctica: 
Xoves, 17 Setembro, 2026
19:00
Praza das Praterías