TENET

DATOS BÁSICOS

EUNOIA KOLEKTIVA
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 55 min
Lingua: castelán
A Tropa C no patio de butacas

Tenet convídanos a cambiar a mirada para cuestionar a realidade que vemos e explorar como cambia o mundo cando o observamos desde outro ángulo.

Oito acróbatas e un músico presentan unha proposta fresca e vibrante que combina a linguaxe acrobática cunha dramaturxia visual impactante.

Este espectáculo de gran formato e para todos os públicos pon en valor a riqueza da diversidade de percepcións e puntos de vista. Porque, unha vez invertida a perspectiva... nada volve ser exactamente igual.

Tenet é un espectáculo de gran formato impulsado por Eunoia Kolektiva. Con oito acróbatas en escena e un músico na parte técnica, o espectáculo cuestiona como percibimos a realidade que nos rodea, explorando que ocorre cando invertemos a nosa maneira de mirar.

Os intérpretes póñense en xogo e experimentan con diferentes perspectivas dunha mesma situación a través dos seus propios corpos: observan desde distintas alturas, xiran sobre os seus eixes, cambian as direccións. Descobren que as acrobacias que os conectan abren un universo de posibilidades tridimensionais, onde cada un ten un punto de referencia completamente distinto. Que ve cada un deles nun mesmo momento? Como se transforma esa realidade ao cambiar de posición?

O colectivo tamén se pregunta como as vivencias persoais afectan o que percibimos, ao tempo que intenta suxestionar a visión do público. Existe unha relación entre subxectividade e percepción? Quen sostén a quen? Quen mira e quen é mirado?

A música orixinal e en directo do espectáculo acompaña o xogo dos acróbatas, achegando unha dimensión sonora que, en ocasións, complementa a acción e, noutras, conduce cara a lugares completamente inesperados.

Cunha estética física impactante e unha dramaturxia visual suxestiva, o espectáculo convida a desenvolver unha mirada máis profunda alén do virtuosismo dos portés acrobáticos, propoñendo unha reflexión dramatúrxica sobre a conciencia corporal en relación co espazo e cos demais


Co apoio de: Institut Català de les Empreses Culturals, Oficina de Suport a la Iniciativa Cultural e Institut de Cultura de l’Ajuntament de Barcelona (Beca Barcelona Crea 2024).

Colaboran: Cronopis - Espai de Circ a Mataró, La Torreta - Sala Polivalent de Montmeló, Tèxtil Rase - Fàbrica de Cultura de Cardedeu, Fira de Circ al Carrer de la Bisbal d’Empordà, FestiCAM - Festival Internacional de Teatre i Circ d’Amposta, El Invernadero - Espacio Integral de Circo, L’Estruch Fàbrica de Creació de les Arts en Viu e Can Gassol - Centre d’Arts Escèniques de Mataró.


[Foto: Raul Cavero]

Duración: 
55 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 19 Decembro, 2026
18:00
Auditorio de Galicia