TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Timothy Brock, director
Proxección do filme coa música en directo
Coa participación do estudantado da EAEM
PROGRAMA
The General, 1926 (O maquinista da Xeneral)
Directores do filme: Buster Keaton e Clyde Bruckman
Música: Timothy Brock (2005)
Timothy Brock volve a Santiago para protagonizar unha das citas imprescindibles co cinema mudo. Nesta ocasión, poñerase á fronte da banda sonora que compuxo en 2005 para O maquinista da Xeneral, a obra mestra de Clyde Bruckman e Buster Keaton. Ante a ausencia de indicacións musicais do cineasta, Brock creou unha partitura completamente nova, inspirada no universo sonoro dos anos vinte e construída a partir de himnos, foxtrots, valses e outras músicas conservadas en arquivos históricos. O compositor procura recrear como podería soar en 1926 a música desta película, trasladando á orquestra toda a enerxía das célebres persecucións ferroviarias e recuperando, ao mesmo tempo, os xeitos interpretativos propios da época. Así, a música recupera a autenticidade dunha linguaxe sonora hoxe practicamente desaparecida.
