CANTAMOS DE PELÍCULA!

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Javier Fajardo, director
Peque coro In Crescendo (Catuxa Pita Evia, directora)
Proxecto participativo coros xuvenís de Galicia 

Coa participación do estudantado da EAEM

PROGRAMA

Danny Elfman: Introdución e Danza do xeo de Eduardo Mans Tesoiras
John Williams:

  • Suite de Harry Potter
  • Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban
  • Cancións de Nadal de Só na casa

Popular:

  • Paxariños que voades (Arr. Nemesio García Carril / Peter Hope)
  • Canto de berce para unha princesa negra (Arr. Peter Hope)
  • Vinde, vinde (Arr. Peter Hope)
  • E rorro, rorro, meu neno (Arr. Peter Hope)

Nesta tempada, o proxecto participativo coral Cantamos! propón unha viaxe entre a música de cinema e a canción popular a través dos arranxos de Peter Hope. O programa percorre os universos máxicos e evocadores de compositores como Danny Elfman e John Williams, autores de bandas sonoras inesquecibles para filmes como Eduardo Mans Tesoiras ou Harry Potter. A viaxe conclúe en Galicia con cancións tradicionais como Paxariños que voades e Vinde galeguiños, melodías que forman parte da nosa memoria colectiva e que a Real Filharmonía de Galicia quere seguir mantendo vivas a través do canto compartido.


Este concerto NON está incluído no programa de ABONO da RFG

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS


Este concerto NON está incluído no programa de ABONO da RFG

Info práctica: 
Venres, 18 Decembro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia