CINEUROPA: THE GENERAL (O MAQUINISTA DA XENERAL)

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» · CINEUROPA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Timothy Brock, director
Proxección do filme coa música en directo

Coa participación do estudantado da EAEM

PROGRAMA

The General, 1926 (O maquinista da Xeneral)
Directores do filme: Buster Keaton e Clyde Bruckman
Música: Timothy Brock (2005)

Timothy Brock volve a Santiago para protagonizar unha das citas imprescindibles co cinema mudo. Nesta ocasión, poñerase á fronte da banda sonora que compuxo en 2005 para O maquinista da Xeneral, a obra mestra de Clyde Bruckman e Buster Keaton. Ante a ausencia de indicacións musicais do cineasta, Brock creou unha partitura completamente nova, inspirada no universo sonoro dos anos vinte e construída a partir de himnos, foxtrots, valses e outras músicas conservadas en arquivos históricos.
O compositor procura recrear como podería soar en 1926 a música desta película, trasladando á orquestra toda a enerxía das célebres persecucións ferroviarias e recuperando, ao mesmo tempo, os xeitos interpretativos propios da época. Así, a música recupera a autenticidade dunha linguaxe sonora hoxe practicamente desaparecida.


Concerto incluído no Abono Xeral da RFG e no Abono (EN)FOCO Xacobeo

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas individuais á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 19 Novembro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia