FESTIVAL C · CINEMA DE VERÁN
SALA NUMAX (pantalla exterior)
A INVASIÓN DOS LADRÓNS DE CORPOS
(Invasion of the Body Snatchers, Don Siegel,1956, 80 minutos, VOSE)
Con Kevin Mccarthy, Dana Wynter, Larry Gates, Carolyn Jones
O protagonista é Miles Bennel, un doutor que empeza a notar comportamentos estraños nos habitantes da súa pequena vila: varias persoas aseguran que os seus familares «xa non son eles mesmos». Aos poucos decobre que uns seres extraterrestres están a reemprazar os humanos por duplicados carentes de emocións.
Filme de culto da Serie B norteamericana que será proxectada en versión orixinal inglesa subtitlada ao español.
A idade recomendada son os 12 anos en adiante.