COMISIÓN DE FESTAS

DATOS BÁSICOS

 FESTIVAL C

EN FAMILIA · CONTOS NO PARQUE· APEGO

COMISIÓN DE FESTAS

Brais das Hortas

Idade recomendada: a partir de 3 anos

Duración: 60 min


AVISO: Cambio de localización!

Por mor da choiva, esta actividade trasládase ao Espazo Apego. Para asistir, é preciso inscribirse no formulario habilitado polo programa Apego antes das 12.00 horas do martes 25 de agosto


O Programa Apego  e A TROPA C abren un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.

Brais das Hortas ten un plan: armar a festa. Pero non o pode facer só. Precisa unha Comisión de Festas.

Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de Festas. 
A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa. 
E aínda hai máis!
Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun Calambrasso no braso,  un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo... 
Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.

 

Duración: 
60 min
Acceso: 
  • Acceso libre ata completar capacidade
  • Idade recomendada: dende 3 anos
  • Lingua: galego

AVISO: Cambio de localización!

  • Por mor da choiva, esta actividade trasládase ao Espazo Apego. Para asistir, é preciso inscribirse no formulario habilitado polo programa Apego antes das 12.00 horas do martes 25 de agosto

 

Info práctica: 
Martes, 25 Agosto, 2026
18:00
Espazo Apego