HOTEL PARAÍSO

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C

A TROPA C · CONTOS NO PARQUE· APEGO

HOTEL PARAÍSO

Galeatro

Idade recomendada: a partir de 4 anos

Duración: 60 min

O Programa Apego  e A TROPA C abren un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.

Imaxina un lugar no que cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo.

Este espectáculo de narración oral levarate a percorrer as habitacións da alegría, do medo, do amor, da ira ou da esperanza.

Ven hospedarte ao HOTEL PARAÍSO onde cada palabra é unha chave e cada emoción unha porta por abrir!


☔️ AVISO! Por mor da choiva, este espectáculo trasládase ao Espazo Apego (Rúa da República do Salvador, 12) e a asistencia precisa inscrición previa a través deste formulario.

⚠️ Peche do prazo de inscrición: 14.00 h

Duración: 
40 min
Acceso: 
  • Idade recomendada: > 4 anos
  • Lingua: galego

     

☔️  AVISO! Por mor da choiva, este espectáculo trasládase ao Espazo Apego (Rúa da República do Salvador, 12) e a asistencia precisa inscrición previa a través deste formulario.

⚠️ Peche do prazo de inscrición: 14.00 h

 

Info práctica: 
Martes, 4 Agosto, 2026
18:00
Espazo Apego