CURTOCIRCUÍTO 2026 · DIÁLOGO GALA HERNÁNDEZ E LAWRENCE LEK

DATOS BÁSICOS

ALGORITMO SOBREALIMENTADO: UN DIÁLOGO ESPECULATIVO SOBRE UN COLAPSO ANUNCIADO

DIÁLOGO ENTRE GALA HERNÁNDEZ E LAWRENCE LEK

O encontro entre Gala Hernández e Lawrence Lek articúlase a partir dun binomio fascinante e perturbador: a colisión entre un presente desconcertante e o futuro distópico. Mentres Lek proxecta un mañá automatizado e inhumano partindo das inercias algorítmicas actuais, Hernández disecciona o tecido da rede, mergullándose naquelas comunidades virtuais e reais que operan como síntomas e anuncios dunha sociedade en evidente decadencia.

Lonxe de se formular como unha mesa redonda sobre metodoloxías de traballo ou ferramentas técnicas —aínda que sobre a pantalla se cruzarán linguaxes tan distintas como a CGI e a simulación dixital fronte á non-ficción e o desktop documentary—, este encontro concíbese como unha conversa urxente sobre o estado do mundo e as súas derivas. Trátase dun diálogo cruzado entre dous cineastas cuxas traxectorias, aparentemente diverxentes nas formas, se conectan de maneira profunda no fondo: ambos actúan como arqueólogos e diagnósticos das crises existenciais, políticas e afectivas que definen a nosa era hiperconectada.

Acceso: 

Entrada libre

Info práctica: 
Sábado, 4 Xullo, 2026
20:15
Xardín das pedras que falan