CURTOCIRCUÍTO 2026 · SE: SONIC WORLDBUILDING · LAWRENCE LEK

DATOS BÁSICOS

SONIC WORLDBUILDING · LAWRENCE LEK

Lawrence Lek concibe os seus mundos virtuais como espazos onde a imaxe dixital e o deseño sonoro son inseparables. Neste encontro, o cineasta e produtor musical desglosará a súa metodoloxía de traballo e os vasos comunicantes entre o software de renderizado CGI e a mesa de mesturas, explicando como as frecuencias operan como unha ferramenta arquitectónica que dota de alma e guía a carga emocional das súas ficcións especulativas. Así mesmo, a charla afondará nos seus procesos de cocreación e nas súas ricas colaboracións con figuras da vangarda sonora internacional como o produtor Kode9, o compositor Seth Scott ou o músico experimental Oliver Coates. Unha oportunidade imprescindible para descubrir as entrañas dun artista total que opera na intersección perfecta entre a imaxe e a música.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

Acceso de balde previa recollida de entradas (máx. 2 por persoa) en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
Info práctica: 
Venres, 3 Xullo, 2026
19:30
Auditorio de Galicia