Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Patrimonio
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
LILIAN PORTELA FONTÁN
(DANZA)
15 MARZO 10.00 H E 12.00 H
SALA MOZART
Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria
Duración: 38 min
Lingua: galego
Que pasaría se os teus vellos xoguetes cobrasen vida? E se puideses adentrarte con eles nun mundo de aventuras e fantasía? Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles. A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía.
Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico
DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:
• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o xoves, 17 de setembro ás 8:30 h
• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o venres, 18 setembro ás 8:30 h
Só para centros de ensino