BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Casiano Mouriño Maquieira, director
(MÚSICA)
5 E 6 NOVEMBRO 10.00 H E 12.00 H
SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA
Idade recomendada: ESO e Bacharelato
Duración: 50 min
Lingua: galego
Coincidindo co 40 aniversario de Cineuropa, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela presenta un concerto didáctico arredor da música do cine europeo.
O espectáculo combina música en directo, narración escénica, proxección audiovisual e participación do público.
A proposta está pensada como unha experiencia dinámica e inmersiva na que o estudantado descubrirá como a música transforma completamente o significado dunha película.
A través de obras de compositores e películas emblemáticas do cine europeo, o concerto propón unha viaxe emocional e sonora