TRAMOIA. ANATOMÍA DUNHA PEZA TEATRAL · OS DOUS DE SEMPRE

DATOS BÁSICOS

TRAMOIA. ANATOMÍA DUNHA PEZA TEATRAL con Carme Varela e Quico Cadaval é un espazo de exploración aberto e compartido dos procesos creativos onde as creadoras e creadores, en colaboración co programa de mediación cultural do Auditorio de Galicia, propoñen debates arredor das obras para seguir investigando co público.

Nesta sesión analizarase o último espectáculo da compañía Excéntricas uns días despois do seu paso polo Teatro Principal.
A actividade ten como obxectivo diseccionar a construción do espectáculo: desde as primeiras intuicións e liñas de investigación ata as decisións finais de posta en escena. Abordaranse tamén o proceso de adaptación da obra de Castelao, e aquelas ideas, materiais e camiños creativos que quedaron fóra do resultado final, mais que foron fundamentais no proceso.

A través da conversa directa con Carme Varela e Quico Cadaval (responsables da dramataurxia), TRAMOIA permite achegarse ao modo de traballar de Excéntricas e deste espectáculo, ás súas dinámicas de investigación escénica e ás tensións entre proceso, contexto e resultado artístico. Un espazo para comprender como se fai teatro hoxe, para pensar a escena desde dentro e para seguir investigando xunto ás creadoras e creadores.

Duración: 
75 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso libre ata completar capacidade
Info práctica: 
Martes, 21 Abril, 2026
18:30
Auditorio de Galicia