ENREDOS. MANUFACTURAS IMPOSIBLES

DATOS BÁSICOS

A VELA CIRCO

A TROPA C NA CASA

Idade recomendada: a partir de 3 anos

Duración: 50 min

Lingua: galego

Que pasaría se un pallaso herdase unha vella empresa familiar? Con toda a ilusión do primeiro día imaxina un futuro próspero, pero axiña descobre que as instalacións precisan algo máis que uns retoques.
Maquinaria enferruxada, engrenaxes desaxustadas e estruturas inestables convértense no escenario perfecto para torpezas e habilidades inesperadas. Cun entrañable humor, destrezas circenses e poesía visual, os imprevistos van enredándose e resolvéndose ata que todo encaixa no seu lugar.

Duración: 
45 min (aprox)
Acceso: 

De balde até completar capacidade

Info práctica: 
Sábado, 31 Xaneiro, 2026
18:00
Casa das Máquinas