ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)

DATOS BÁSICOS

CHÉVERE

Estrea absoluta

Foco Castelao en Escena
Conversando: o 20 de febreiro 

Idade recomendada:  a partir de 13 anos
Duración: 105 min sen intermedio
Lingua: Galego, lingua de signos (LSE)
 

ICTUS é unha obra sobre a memoria: sobre o vínculo profundo entre boa memoria e boa democracia, e sobre as feridas aínda abertas da nosa memoria histórica. O seu fío condutor é A derradeira leición do mestre, a última pintura que Castelao asinou no exilio, cando estaba xa case cego. A proposta de Chévere traza unha viaxe inversa no tempo, acompañando o cadro desde o acto de recibimento na súa primeira chegada Galicia en 2018 —organizado polo goberno galego para incorporalo a unha exposición dedicada á educación— até a súa primeira presentación pública no Centro Ourensán de Bos Aires, o 17 de agosto de 1945.  Esta data, noveno cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda polos militares golpistas, foi  declarado Día dos Mártires de Galicia pola colectividade galega desterrada. 

A compañía artella un dispositivo documental no que múltiples voces e testemuñas dialogan coa historia persoal dunha muller que sofre unha perda de memoria por un dano cerebral adquirido, tras un ictus sufrido precisamente durante o acto de recepción do cadro na Cidade da Cultura en 2018.

O resultado é unha viaxe escénica que nos invita a entender como se constrúen —e como se disputan— as narrativas da memoria.


ACCESIBILIDADE: esta obra conta con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena para persoas xordas signantes e con audiodescrición en directo para persoas con discapacidade visual.
 

Duración: 
105
Acceso: 
  • Ataquilla.com
  • Prezo con desconto: 10 €. Para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 20 Febreiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia
Sábado, 21 Febreiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia
Domingo, 22 Febreiro, 2026
18:00
Auditorio de Galicia