ALICIA WANTS TO

DATOS BÁSICOS

BENGALA TEATRO FÍSICO

Idade recomendada: > 12 anos

Duración: 60 min
Lingua: Galego
Posfunción ao remate do pase

Esta é a vida, a partida de Alicia, ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas.

ALICIA WANTS TO é unha mistura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sofre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso. A peza comeza cando Alicia sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual. A historia está construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e, polo tanto, decidindo como continúa o espectáculo.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Xoves, 21 Maio, 2026
20:30
Teatro Principal