CINEUROPA
DOCS CINEUROPA / PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
360 CURVAS (2025) + PRESENTACIÓN
Alejandro Gándara, Ariadna Silva
España / 81 min / Documental / Galego
Ficha artística:
María Fernández Pérez, Víctor Méndez Fernández, Adrián Méndez Fernández, José Fernández, Ana Hernández, José Campos, Borja Campos, Marta Fernández Alvarez, Manuel Fernández López, Ángel Gegunde Díaz, Jorge López Álvarez, veciñanzas da Fonsagrada, de Cereixido e de Souto
Ficha técnica:
Guión: Adrián Méndez, Manuel Lucas, Alejandro Gándara, Ariadna Silva
Fotografía: Manuel Lucas Mariño
Edición: Alba Domínguez Serén
Produción: Xacio Baño, Tamara Canosa
Sinopse:
360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Esta estrada longa, difícil e sinuosa entre montañas reflicte o declive dun lugar que, a inicios dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia nunhas revoltas sen precedentes, coñecidas popularmente como As Movidas.
Alejandro Gándara e Ariadna Silva son cineastas cunha marcada sensibilidade pola linguaxe documental e a relación co territorio. Alejandro Gándara codirixiu con Olaia Tubío a longametraxe Dorothé na Vila, finalista nos Premios Mestre Mateo, así como outros traballos con formatos documentais diversos. Ariadna Silva foi premiada polas curtas Friccións e O intruso. As súas obras foron seleccionadas en festivais como Play-Doc ou Novos Cinemas. En 2024 iniciaron o seu primeiro proxecto conxunto: 360 curvas.