CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
TE SEPARAS MUCHO (2024) + PRESENTACIÓN
Paula Veleiro
España / 67 min / Documental / Castelán, francés
Ficha artística:
José Luis Pérez Veleiro, Luz María López Castro, Joy Thomas, Paula Veleiro
Ficha técnica:
Guión: Paula Veleiro
Fotografía: Paula Veleiro
Edición: Paula Veleiro
Produción: Brais Romero Suárez
Sinopse:
En 1989, José Luis filma coa súa cámara a ruptura do seu matrimonio con Luz María, pouco despois de nacer a súa filla. Trinta anos máis tarde, esa filla, Paula, que vive en Francia coa súa moza Joy, rexistra tamén a súa propia separación. A partir destas dúas historias paralelas, o documental constrúe un diálogo íntimo entre pai e filla a través do tempo, entre o amor e a perda, entre quen filma e quen é filmado. Te separas mucho interrógase sobre o que permanece cando o amor se acaba e sobre a posibilidade de que o cine poida transformar a vida.
Paula Veleiro estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Dirección Cinematográfica no CECC de Barcelona. En 2012 trasladouse a Francia, onde traballou na realización de videoclips, curtametraxes, concertos e tráileres. En 2019 comezou a desenvolver a súa primeira longametraxe documental, Te separas mucho. Na súa vontade de explorar diferentes linguaxes artísticas, inicia tamén unha nova etapa como cantante do grupo La rate timide e actualmente traballa na súa primeira novela.
Premio do Público no Ourense Film Festival (OUFF) 2025
Premio do Público no Festival Queer de Sicilia 2025
Premio AMAE á Mellor Montaxe de Película Española no Festival Internacional de Cine de Xixón 2024