CINEUROPA
DOCS CINEUROPA / FANTASTIQUE COMPOSTELA
BOORMAN AND THE DEVIL / BOORMAN E O DIAÑO (2025)
David Kittredge
Estados Unidos / 112 min / Documental / Inglés
Ficha artística:
John Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Rospo Pallenberg, Karyn Kusama, Mike Flanagan, Joe Dante, Bilge Ebiri, Stephanie Zackarek, Simon Abrams, Jim Hemphill
Ficha técnica:
Guión: David Kittredge
Fotografía: Seamus Deasy, Ed Herrera, Alan Jacobsen, Elle Schneider
Edición: David Kittredge
Produción: Jim Fall, David Kittredge, Alan Koenigsberg, Travis Stevens
Sinopse:
Tras o éxito de Point Blank e Deliverance, a Warner Bros ofreceulle a John Boorman a oportunidade da súa vida: dirixir a secuela d’O exorcista, o fenómeno cinematográfico de William Friedkin de 1973. O resultado foi un dos maiores desastres da historia do cinema, un fracaso crítico e comercial que transformou a industria de Hollywood e estivo a piques de rematar coa carreira do director. O documental revisita aquel episodio a través das voces de Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Karyn Kusama, Mike Flanagan e outros creadores, que reflexionan sobre a ambición do proxecto, a súa audacia formal e o valor de asumir grandes riscos artísticos.
David Kittredge é director, guionista, editor e produtor cunha sólida traxectoria no cinema de xénero e a cultura LGTBIQ+. Foi montador de 54: the director’s cut (2015), presentada no Festival de Berlín, e escribiu, dirixiu e coproduciu o seu primeiro filme, Pornography: a thriller (2009). Foi produtor executivo da serie Queer for fear: the history of queer horror (2022), candidata aos Premios Emmy.