ABONO INTEGRAL CURTOCIRCUÍTO 2025

DATOS BÁSICOS

ABONO PROXECCIÓNS

25 euros

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebra a súa vixésimo segunda edición cunha renovación de modelo e un adianto de datas. O evento celebrarase entre o 1 e o 6 de xullo e volve ás rúas, coa proposta de xerar espazos de intercambio entre a cidadanía e os artistas nos que compartan e reflexionen sobre o seu traballo.

Un ano máis, Curtocircuíto pon á disposición do público un abono para proxeccións que poderá canxearse por entradas para calquera delas, sempre que queden localidades dispoñibles.

O festival recupera así a súa identidade orixinal e, aproveitando os recursos que ofrece a cidade de Compostela e a súa singularidade patrimonial, pretende devolver á cidadanía unha proposta curatorial que non priorice a novidade e a competición senón o intercambio entre a comunidade creadora e a veciñanza. Curtocircuíto quere seguir sendo un punto de encontro cultural que sexa xanela para o intercambio de coñecemento e experiencias locais e internacionais, á vez que se converte tamén nun atractivo lúdico para a época estival.
O festival manterá unha programación internacional e interdisciplinar que seguirá tendo o cinema como eixo principal. Ademais de manter as seccións competitivas Planeta GZ, Supernova e Cosmos, o encontro e convivencia entre artistas, cineastas e público serán o punto de partida para xerar lugares de debate, reflexión e coexistencia co público fóra das estruturas competitivas.
O novo modelo de festival combinará a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público de Compostela. As prazas e as rúas da cidade servirán como anfiteatros naturais nunha aposta por devolver o espazo público á cidadanía e ofrecer alternativas á imaxe máis turística da capital galega.

Avisos importantes

  • No caso de mercar o abono en liña será preciso recollelo fisicamente na Zona C.
  • O troco do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal, nos horarios indicados anteriormente
  • As actividades formativas están fóra dos abonos.A clausura é de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes do evento.
  • O abono non garante o acceso a todos os eventos. O acceso farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. É posible ficar sen entrada malia presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
  • As Sesións Especiais están fóra dos abonos.

 

Duración: 
XX
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for a súa localización. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 6 Xullo, 2025
23:59