CURTOCIRCUÍTO · NOITE MALANDRA

DATOS BÁSICOS

Noite Malandra

Nesta 20a edición, despois de moito tempo, Curtocircuíto recupera a mítica Noite Malandra: un torrente de sátira e humor. Nesta ocasión da man dun dos grupos de programación audiovisual máis interesantes do panorama estatal:

“Mediadistancia convídache a unha Noite Malandra para persoas que non teñen recursos nin habilidades sociais para entregarse ao hedonismo. En cambio, quedamos na casa e deixámonos levar polo fluxo constante de imaxes, identidades e conceptos aos que nos expón internet. Unha sesión que recrea a experiencia delirante de adormecer desprazándose infinitamente no medio das ruínas do capitalismo tardío.

Partimos da curta Whatremains, Genesis de Lou Fauroux, pero a proxección abranguerá todo tipo de formatos: desde tiktoks surrealistas de merda ata videoxogos imaxinados, vídeos fetiche e animación creada pola IA; unha sesión mutante e trastornada, como corresponde aos tempos.

Mergúllate connosco nas correntes de diarrea de contido. Veña, proba a auga. "Fai calor".

O que queda, Xénese

Lou Fauroux | 2023 | Francia | 18:00 

A principios de 2048, Google, que agora posúe a maior parte do planeta, atopa un remedio contra a morte en forma dunha aplicación de inmortalidade dixital. Reservado para unha elite masculina rica e poderosa, o código fonte do programa é roubado por un grupo de hackers que o pon a disposición de todos.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Durante a celebración do festival (do 3 ao 8 de outubro) desde 1 h antes do inicio da primeira sesión hasta o inicio da última sesión de cada día. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 349.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Info práctica: 
Mércores, 4 Outubro, 2023
00:15
Teatro Principal