FESTIVAL C · A RAÍZ DE DANIEL RODRÍGUEZ E VESTIRME DE TÍ DE FURIA SOTELO

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS / DANZA

A RAÍZ DE DE DANIEL RODRÍGUEZ

VESTIRME DE TI DE FURIA SOTELO

Idade: > 8 anos

Duración: 30 min

2pezas é un pack de dous espectáculos curtos de danza para rúa e espacios non convencionais de dúas compañías de Galicia para todos os públicos:
A raíz de de Daniel Rodríguez
Vestirme de ti de Furia Sotelo.

A RAÍZ DE 

Daniel Rodríguez

“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”. Daniel Rodríguez traballa desde a música, o canto e a danza tradicional galega para construir un Eu contemporáneo.

Idea orixinal, coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
Asesoría artística: Victoria P. Miranda
Edición de espazo sonoro: Raúl Ben
Espazo sonoro: Aida Tarrío, Manuele Pardo e Baiuca
Deseño de vestiario: Abel Casal

VESTIRME DE TI
Furia Sotelo

Vestirme de ti é unha metáfora das relacións humanas e a interdependencia que se crea cando interactuamos con outros individuos. A peza critica a exaltación da independencia que nos transmite o sistema de consumo no que vivimos e defende a necesidade de apoio mutuo nas nosas relacións.

Un dúo de danza para rúa ou espazos non convencioniais que reflexiona sobre o equilibrio entre opostos.

Duración: 
30 min
Entradas: 

DE BALDE

Funcións: 
Luns, 21 Agosto, 2023
20:00
Cemiterio de Bonaval