CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
DECISION TO LEAVE (2022)
Park Chan-Wook
Corea do Sur / 138 min / Ficción / Coreano, chino
Ficha artística:
Tang Wei, Park Hae-Il, Go Kyung-pyo, Park Yong-woo, Lee Jung-hyun
Ficha técnica:
Guión: Jeong Seo-Gyeong, Park Chan-wook
Fotografía: Kim Ji-yong
Edición: Sang-beom Kim
Produción: Moho Films, CJ Entertainment
Sinopse:
Hae-Joon, un veterano detective, investiga a sospeitosa morte dun home no cumio dunha montaña. Axiña comezará a sospeitar de Sore, a muller do defunto, mentres a atracción que sente por ela comezará a desestabilizalo.
Park Chan-wook (Seúl, Corea do Sur). En 2003, alzouse co Gran Premio no Festival de Cannes con Oldboy. Nos anos posteriores continuou a recibir eloxios en todo o mundo con películas como Sympathy for Lady Vengeance (2005), Thirst (2009, premio do xurado en Cannes), Stoker (2013) e A doncela (2016, exhibida no 30º Cineuropa). O seu cinema caracterízase por propoñer historias capaces de romper tabús, personaxes fascinantes e un sensual estilo visual.