CURTOCIRCUÍTO 2022
PLAYLIST 2
É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.
The Runner
Boy Harsher | 2022 | 39:00 | EEUU | DOC | COR
Unha estraña e ensanguentada muller viaxa a un pobo rural apartado.
DOPO YUMEmories
Jordan Galland | 2022 | 13:00 | Alemaña | DOC | COR
Este curto documental explora a Dopo Yume, unha banda de rock con sede en Nova Iorque que cobrou forza a finais dos 90 e principios dos 2000, mais que nunca chegou a despegar. A través de vídeos caseiros e da narración actual do vocalista do grupo, experimentamos os seus recordos dos altibaixos, das amizades e da comunidade que se formou ao redor da música e do papel que desempeñaron o destino e a traxedia.