CURTOCIRCUÍTO 2022
EXPLORA 4
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.
vs
Lydia Nsiah | 2021 | 07:00 | Austria | EXP | COR
VS (Virtual Spiral) trata a dinámica entre o tempo e o corpo no cinema. No vídeo dixital e a película de 16 mm non fiable, o proceso do tempo e o corpo (cinematográfico) transfórmase visualmente mediante movementos de cámara en espiral. Aquí entran en diálogo os movementos contrarios, a distancia e a proximidade, ou a profundidade e a superficialidade.
Cráter
Adina Camhy | 2022 | 14:00 | Austria | EXP, DOC | COR
De repente, un furado no chan. Como explica a voz do narrador ao principio de Cráter de Adina Camhy, da noite para a mañá abriuse un furado no chan do seu apartamento: un espazo negativo, a pegada ou a cicatriz dun acontecemento misterioso.
Estrea en España
Auréola
Frances Scott | 2022 | 07:32 | Reino Unido | EXP | COR
En meteoroloxía, a auréola é un fenómeno atmosférico e óptico; o disco interior visible dunha coroa producido pola difracción da luz do sol ou da lúa: a luz brillante das estrelas ou a luz dos planetas.
Sementeira de estrelas
Lois Patiño | 2022 | 25:00 | España | EXP | COR
Luces ao lonxe debuxan a cidade. Chegan a porto barcos luminosos con xente durmida a bordo, e a noite faise líquida. O sementador de estrelas esperta á xente e xuntos atravesan a cidade, falando dunha cousa e doutra, mentres se despiden de todo.