O ÓRGANO COLONIAL E AS RELACIÓNS MUSICAIS CO ALÉN MAR

Igrexa de San Domingos de Bonaval
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

DE LUGARES E ÓRGANOS

Coro alto de San Domingos de Bonaval (entrada polo Museo do Pobo Galego)

 

O ÓRGANO COLONIAL E AS RELACIÓNS MUSICAIS CO ALÉN MAR

OUTRAS PAISAXES

 

Charla-concerto 

Marco Aurélio Brescia, organista e investigador

 

O organista ítalo-brasileiro Marco Aurélio Brescia é un experto coñecedor dos repertorios de música para tecla de tradición ibérica e italiana dos séculos XVI a XIX. Ademais dunha extensa carreira concertística, Brescia é doutor en Musicoloxía pola Universidade Paris IV- Sorbonne, investigador da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa e foi o principal impulsor da restauración crítica do órgano histórico Almeida e Silva de Diamantina (1787). Foi precisamente neste órgano que Marco Brescia fixo a gravación da integral das obras para órgano, publicadas por Domenico Zipoli xunto a obras chiquitanas a el atribuídas, que serán interpretadas no concerto que terá lugar na igrexa de Ánimas. Conversaremos co investigador sobre as relacións musicais que se estableceron entre Europa e os territorios de alén mar e o papel que neste proceso xogaron tamén os órganos como o de Diamantina, no Brasil.

 

Marco Aurélio Brescia interpretará, ademais, algunhas pezas representativas destes repertorios nun clavicordio, reprodución dun modelo do s. XVI, instrumento que, tradicionalmente, se empregaba para o exercicio diario dos organistas.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • ENTRADAS ESGOTADAS

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 25 Agosto, 2021
17:30
Igrexa de San Domingos de Bonaval