Todos os mércores de agosto, de 11:30 a 13:30 h, Circonove desenvolverá obradoiros de circo para nenos e nenas de 6 a 14 anos ou menores acompañados no exterior do Centro Xove da Almáciga. Acrobacias, malabares, equilibrios, danza, clown, teatro, ritmo e creación de xogetes malabares son algunhas das técnicas que se aprenderán durante os obradoiros.