'La soledad de Wally' é unha produción de danza urbana que indaga sobre por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós?
#POSFUNCION ao remate da función o 26 de abril o público asistente poderá quedar no teatro para escoitar e charlar cas e cos convidados e co elenco.
O espectáculo teatral 'La soledad de Wally', pode verse no Teatro Principal o 26 de abril ás 20.30 h. Máis información e venta de entradas aquí
___
Club C!
Afonda na experiencia cultural de Compostela
De que se trata
O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.
Na #POSFUNCION os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.