CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
ZIELONA GRANICA / A FRONTEIRA VERDE (2023)
Agnieszka Holland
Polonia, República Checa, Francia, Bélxica / 147 min / Ficción / Polaco, árabe, inglés, francés
Ficha artística:
Jalal Altawil, Maja Ostaszewska, Behi Djanati Atai, Mohamad Al Rashi, Dalia Naous
Ficha técnica:
Guión: Maciej Pisuk, Gabriela Łazarkiewicz-Sieczko, Agnieszka Holland
Fotografía: Tomasz Naumiuk
Edición: Pavel Hrdlička
Produción: Marcin Wierzchoslawski, Fred Bernstein, Agnieszka Holland
Sinopse:
Nos bosques da chamada 'fronteira verde' entre Bielorrusia e Polonia, os refuxiados do Medio Oriente e de África que intentan chegar á Unión Europea están atrapados nunha crise xeopolítica deseñada polo ditador bielorruso Alexander Lukashenko. Nun intento de provocar a Europa, os refuxiados son atraídos á fronteira a través de propaganda que promete un paso fácil á UE. Como peóns nesta guerra oculta, entrelázanse as vidas de Julia, unha activista que abandonou a súa cómoda vida, Jan, un novo garda fronteirizo, e unha familia de refuxiados sirios.
Agnieszka Holland (Varsovia, Polonia). É unha das máis prominentes cineastas polacas. O seu filme máis coñecido é Europa Europa (1991), baseado na biografía de Solomon Perel. Tamén é autora de In Darkness, candidata ao Óscar á mellor película de fala non inglesa 2011. No 2017 recibiu na Berlinale o Alfred Bauer Prize por O rastro e con Mr. Jones (2019) volveu participar na sección oficial do festival alemán.
Premio especial do xurado no Festival de Venecia 2023