CINEUROPA MIÚDA
A PARTIR DE 12 ANOS
ZHI WU XUE JIA / THE BOTANIST / O BOTÁNICO (2025)
Jing Yi
China / 96 min / Ficción / Chinés, kazako
Ficha artística:
Jahseleh Yesl, Ren Zihan, Nurdaolet Jalen, Eramazan Sarhet, Jomajan Songhat
Ficha técnica:
Guión: Jing Yi
Fotografía: Vanon Li
Edición: Yaonan Liu
Produción: Qi Ai, Jianhao Andy An, Zuolong Shan
Sinopse:
Nun remoto val da fronteira norte de Xinjiang, en China, Arsin, un neno solitario de orixe kazaka, conserva apenas lembranzas da súa familia e atopa consolo entre as plantas que coida con delicadeza. A chegada de Meiyu, unha rapaza chinesa da etnia han, irrompe na súa rutina como o descubrimento dunha nova especie: estraña, fermosa e chea de misterio. Entre ambos nace unha amizade silenciosa, tan fráxil como o ecosistema que os rodea, na que aprenden a mirar o mundo como un océano sen límites.
Jing Yi é un cineasta graduado na Academia de Cinema de Pequín e autor de varias curtametraxes que exploran os mundos interiores e as identidades das minorías na China contemporánea. Debutou na longametraxe con Zhi wu xue jia.
Mellor Película da Sección Generation Kplus da Berlinale 2025