ZAHARA

DATOS BÁSICOS

Pecha a súa xira 'GRAZAS, PUTA' con catro concertos en Compostela, Madrid, Barcelona e un por anunciar.

'“Foron anos moi intensos desde que PUTA viu a luz. Tocalo en directo era algo completamente necesario para que o disco terminase de cobrar sentido para min. Empezamos cun formato no que eu tocaba a batería, pasamos a outro de salas cun repertorio diferente, fixemos tamén unha versión máis rockeira, con Mole á batería, e agora estamos mergulladas de cheo na Puta Rave, un formato super enérxico exposto como unha sesión continua. Pero por desgraza todo isto ten que acabar para dar paso ao seguinte que estou a desexar pescudar que será e como.

Si que teño claro como terminar esta etapa: agradecendo a todas as persoas que estiveron comigo sobre o escenario e tamén a todas e todos os que viñestes a vernos.

Vai ser un fin de xira de só catro datas (Barcelona (18 de novembro), Madrid (29 de decembro) Santiago de Compostela (25 de novembro) e unha máis que se anunciará nas próximas semanas, pero no que imos tentar axuntar nun show todo o que fixemos estes dous últimos anos nas súas diferentes propostas e formatos.

Neste catro últimos concertos da era PUTA poderedes gozar da nosa versión máis rockeira, máis salvaxe, pero tamén haberá espazo para unha parte que botei moito de menos estes meses: a máis íntima e acústica. E por suposto, non faltará o final ravero para despedirnos ao grande.

Por iso e por todo síntome profundamente agradecida a este disco, e non se me ocorre mellor maneira de bautizar a esta xira como Grazas, Puta. Vémonos en Compostela!”

Zahara

Entradas: 

18 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 25 Novembro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia