YO SOLO QUIERO IRME A FRANCIA

DATOS BÁSICOS

CONTRAPRODUCIÓNS

Idade recomendada: público adulto
Duración: 80 min 
Lingua: castelán

 

Nunha pequena vila de España, durante o velorio dunha anciá chamada Pilar, dúas mulleres que non se coñecen están a piques de descubrir que comparten moito máis ca unha habitación incómoda, un biscoito de limón e unha coroa de flores asinada por «o veciño Mauro».

Leo, a neta da falecida, regresa á casa familiar despois de anos de distancia. Inés, unha moza descoñecida, aparece cunha carta notarial e unha herdanza inesperada. O que comeza como un malentendido vai revelando segredos ocultos, identidades entrelazadas e unha historia que nos leva ata a mocidade da propia Pilar na España da posguerra.

Entre mobles cubertos, un reloxo de cuco que interrompe cada momento incómodo e os restos do que quedou por dicir, Yo solo quiero irme a Francia é unha comedia amarga sobre a identidade, o abandono e a herdanza emocional que atravesa xeracións.

Unha obra na que o real e o máxico conviven con naturalidade, na que o humor serve de defensa ante a dor e na que, ás veces, irse a Francia non é unha fuxida... senón un acto de liberdade.

Duración: 
80 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 3 Outubro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia