'Y AHORA QUÉ?' DE PUNTOCERO COMPANY

DATOS BÁSICOS

A compañía PuntoCero chega a Compostela co seu espectáculo 'Y ahora qué?'.

Puntocero é unha compañía que combina de forma moi orixinal o teatro, o circo e a maxia. A compañía foi formada en Gran Bretaña polos madrileños Zenaida Alcalde e Miguel Muñoz. Desde a súa formación crearon catro espectáculos cos que xiraron internacionalmente obtendo numerosos galardóns, incluíndo un Gran Premio Mundial de Maxia no FISM 2018 e colaboraron con prestixiosas compañías internacionais. Recentemente foron parte do cast na rodaxe da nova película de DISNEY « Dumbo«, co director Tim Burton.

Teñen, entre outros galardóns, o Grand Prix FISM 2018 no World Champion of Magic; o 1º Prize General Magic FISM 2018 e o FISM Award 2015.

SINOPSE
'Y ahora qué?'... A eterna pregunta que nos facemos tódalas persoas algunha vez ...

Paula, de volátil personalidade; Susana, cuadriculada ata a loucura e, Eva, desesperada por ter un bebé. Elas tres conviven con Magda, unha pintora de maior idade, da que a súa experiencia serviralles as outras compañeiras de gran utilidade Con esta mestura, ¡todo pode pasar!

Humor surrealista, un toque poético e esperanzador, un trapecio, pintura en directo e impresionantes e belas coreografías nunha fachada de finas cordas de algodón serán os ingredientes desta emocionante peza.

«Ahora que tengo que tomar una decisión vital
Ahora que mi cuerpo no es el de antes
Ahora que me gusta lo que soy
 Ahora que comprendo que mi debilidad es también mi fuerza»
Y ahora qué? recibiu o premio do público no Festival Artescena 2017, Ávila.
 
DURACIÓN: 55 MINUTOS
ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS
Web do espectáculo: http://www.puntocero.org/
 
Duración: 
55
Información da billeteira: 

Entrada libre

Funcións: 
Xoves, 8 Agosto, 2019
19:30
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Y Ahora Qué? Promo vídeo

UBICACIÓN