XUVENTUDE CREA · FINALISTAS VIDEOCREACIÓN

DATOS BÁSICOS

XUVENTUDE CREA · PROXECTOS FINALISTAS NA MODALIDADE DE VIDEOCREACIÓN

Cineuropa 37 acolle a fase final da especialidade de videocreación do certame Xuventude Crea 2023, un programa da Xunta de Galicia que procura recoñecer as propostas creativas da mocidade galega. 

Creado no 2010, o certame chega este ano á súa décimo cuarta edición. Nesta traxectoria acadou a participación de preto de 4.400 mozas e mozos e de 3.200 obras e proxectos distribuídos nas 14 especialidades do programa. Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade (cun primeiro premio de 3.000 euros, un segundo de 1.500 euros e un terceiro de 1.000 euros), pero, sobre todo, servir de escaparate para dar a coñecer entre o público o talento emerxente e as súas obras. As creacións e artistas máis recentes pódense consultar no museo dixital do programa: museoxuventudecrea.gal

Nesta  sesión especial en Cineuropa vanse presentar e proxectar as pezas que o xurado seleccionou como finalistas na modalidade de videocreación e daranse a coñecer as persoas gañadoras da edición.
 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Info práctica: 
Sábado, 11 Novembro, 2023
17:00
NUMAX