ZEN DEL SUR
Idade recomendada: a partir de 10 anos
Duración: 55 min
Lingua: sen texto
XPECTRO é un espectáculo multidisciplinar que nos convida a mergullarnos nun universo creativo e emocionante. A acción transcorre nun recunchiño da mente de dous seres que levan no corpo trazos de neurodiverxencia e gardan no seu interior pegadas do pasado. A través do circo, da danza e da música atopan un espazo común para expresarse, comunicarse e afrontar desafíos, ofrecéndonos unha ollada sensible e poética cara á diversidade. Diferentes linguaxes de movemento fusiónanse coa música en directo para crear unha obra que emociona e fai reflexionar.
Premio FETÉN ao Mellor Espectáculo de Noite, Premio Ciudad Rodrigo ao Mellor Espectáculo de Sala, Premio Lorca ao Mellor Espectáculo de Circo, Mención Especial Circada
(Foto: Tomoyuki Hotta)