XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2023

Varios lugares
DATOS BÁSICOS

As xornadas celebraranse do 1 ao 27 de xuño e será a musicóloga Rosa María Fernández a que as inaugure cunha charla sobre 'As dramaturxias vocais fóra da ópera'.

A voz será o fío condutor dunhas xornadas que están organizadas polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, Concello de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.

Entradas: 

Todas as actividades son de balde ata completar a capacidade dos espazos.

Funcións: 
Xoves, 1 Xuño, 2023 a Martes, 27 Xuño, 2023
Varios lugares