EN FAMILIA · A TROPA NA CASA · XOGAMOS!
Idade recomendada: de 1 a 12 anos
Duración: 2 h
Lingua: galego
XOGOS VAIDAVAI
Abrimos unha sesión chea de diversión e aprendizaxe para a cativada. A través de xogos, obradoiros e actividades creativas, unimos educación e lecer para vivir momentos únicos. O noso obxectivo é que cada nena e cada neno marche cun sorriso, novas amizades e algún descubrimento no peto.
Aprender nunca foi tan divertido!