EN FAMILIA · A TROPA NA CASA · XOGAMOS!
Idade recomendada: de 1 a 12 anos
Duración: 2h
Lingua: galego
XOGOS VAIDAVAI
Velaquí unha sesión chea de diversión, aprendizaxee creatividade para a cativada. A través de xogos obradoiros e actividades participativas, unimos educación e lecer para vivir momentos únicos onde cadaquén pode experimentar, inventar e expresarse libremente. O obxectivo é que a rapazada marche cun sorriso na cara, novas amizades no corazón e algún descubrimento sorprendente no peto. Un espazo seguro, inclusivo e aberto á imaxinación. Aprender nunca foi tan divertido!
O ciclo 'A Tropa na Casa · Xogamos" abre na Casa das Máquinas un espazo para se divertir en familia, para descubrir e redescubrir xogos e xoguetes cos que deixar voar a imaxinación e o tempo.