XMC_PAPAGENA

DATOS BÁSICOS

Iago Hermo, música, libreto e dirección musical

Esperanza Mara (Papagena), soprano

Jacobo Rubianes Castelo (Papageno), barítono

Castiñeira & Carrodeguas, dirección artística

Diego Valeiras, deseño e confección vestiario

Ana Arteaga, escenografía e luz

Unha produción de Butacazero

Subvencionada por Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia (AGADIC)

Co apoio do Concello de Rianxo (Residencia Creativa)

Papagena, ópera contemporánea de Iago Hermo (1992)

Papagena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outros clixés presentes no mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e basearase no espectralismo minimalista. O resultado: un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas ás qué non adoita chegar. E, por suposto, en galego.

Esperanza Mara, soprano

Natural da vila de Noia (A Coruña), iníciase na música tradicional da man de dúas das compoñentes de Leilía. Con oito anos comeza estudos de música clásica. Con quince, ingresa no Orfeón Terra A Nosa. Pertenceu tamén á Compañía Lírica de Galicia, ao Coro da Orquestra Sinfónica de Extremadura. Finalizouo Grao Profesional de Canto e é Licenciada en interpretación na variante de canto polo Conservatorio Superior de Vigo. Como soprano quedou finalista nos concursos de Canto do Círculo Bach en Madrid e do Festival de Música Antiga  de Xixón. Acadou a Mención de Honra dos Premios David Rusell. Ten actuado nas mellores salas de concertos da nosa comunidade e países veciños,  así como participado e en diversos festivais de prestixio internacional.

Jacobo Rubianes, barítono

Nace en Cambados (Pontevedra). Estuda piano e o grao profesional de canto en Vigo á vez que realiza os estudos de Grao Superior de Musicoloxía na mesma cidadeContinúa e remata os estudos superiores de canto en Madrid da man de Federico Gallar, Susana Cordón e Alicia Nafé. En Vigo canta Goro na zarzuela Los claveles; participa no pastiche ideado  e dirixido por Jose Antonio Campo en torno a Bach chamado A alegría móvese; canta Eneas na ópera Dido e Eneas; tamén é chamado para cantar o barítono solista da Fantasía coral de Beethoven coa Orquesta 430 no trinta aniversario da formación. Canta o rolde Ernesto da ópera Il mondo della Luna no Teatro Real, ou en O barbeiro de Sevilla en Santiago de Compostela mentres traballa na Orquestra e Coro de RTVE cos que canta partichinos e na formación coral. No seu repertorio figura tamén oratorio como solista do Carmina Burana da Fura dels Baus.

Iago Hermo, director musical

Iago Hermo é un compositor, pianista e director. Tras rematar os estudos de piano en A Coruña, foi bolseiro da Fundación SGAE para a realización dun mestrado en composición musical no Conservatorium Maastricht. Coa estrea en Maastricht da súa primeira ópera multimedia en 2019, Cidade  sen luz, comezou a súa procura dun formato de ópera adaptado aos tempos actuais mediante o uso da música  electrónica e técnicas compositivas modernas, buscando desenvolver este xénero a través da innovación e da súa adaptación á realidade sociocultural e demográfica de Galicia.

Xavier Castiñeira, director

Licenciado en Dirección de Escena pola RESAD. Mestrado Universitario en Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo e case licenciado en Filoxía Hispánica na USC. Axudante de dirección de Manuel Lourenzo dende 1998 a 2001 e director da aula Universitaria d’A Coruña no ano 2000. Colaborador en numerosos proxectos de La Cuarta Pared durante a súa estadía en Madrid, dende os seus inicios compaxina a súa labor creativa coa docente, impartindo aulas en grupos amadores, obradoiros de interpretación (de dirección e de investigación escénica) e por suposto, aulas regulares. Fundador da plataforma ButacaZero (da cal dirixe case o 100  % dos proxectos escénicos) dende
o 2011 é docente na ESAD de Galicia (Especialidade Dirección).

Esther F. Carrodeguas, directora

Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, Licenciada en Xornalismo entre Compostela e  Torino e Técnico Superior en Imaxe (EIS A Coruña), esta rianxeira de pura raza cabalga sobre os límites que separan os xéneros, sendo moitos dos seus textos difíciles de clasificar. Tras 10 anos traballando no sector audiovisual, decide cambiar o seu rumbo vital de cara ao teatro estudando interpretación en Espazo Aberto e na Escola Internacional da Comicidade. Nese momento entra na ESAD de Galicia, á vez que arrinca o seu periplo profesional no mundodo teatro. Cunha decena de obras teatrais publicadas, os seus textos foron estreados tanto en ButacaZero como noutras compañías privadas (De Ste Xeito, Outubro Producións) e públicas (CDG e Teatro Español e para 2022, o CDN).

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada de balde

 

 

 

Funcións: 
Xoves, 22 Xuño, 2023
20:30
Teatro Principal