XMC_DO MAR E A NOITE

DATOS BÁSICOS

TRÍO PRESELI

María Hinojosa, soprano

Simon Lewis, trompa

Daniel Pereira, piano

Anthony Randall (1930)

Three Poems**

Do Not Go Gentle Into That Good Night**

Fernando Buide (1980)

Nao de sangue* (obra encargo do Trío Preseli)

*Estrea absoluta

**Estrea en España

Serán estrea en España as dúas obras do compositor galés Anthony Randall. A primeira delas, Three Poems, sobre versos de Geraint Jones, unha obra rodeada de traxedia con sobrecolledores poemas de perda e anhelo escritos meses antes da prematura morte do escritor en Normandía. E Do Not Go Gentle Into That Good Night, o poema de Dylan Thomas, unha obra mestra da lingua inglesa, traducida a varios idiomas e coñecida mundialmente, inspirada na morte do seu pai. O Trío Preseli realizou unha encarga ao compositor compostelán Fernando Buide sobre textos de poetas galegos.

 
Trío Preseli

O Trío está formado pola soprano María Hinojosa Montenegro, o pianista Daniel Pereira e o trompista Simon Lewis. Estes músicos son solistas e especialistas nos repertorios de música de cámara e orquestra, e xuntos gravaron dous tríos do galés Anthony Randall, cuxo traballo aportou obras de gran beleza e sentimento ao repertorio desta agrupación. O Trío Preseli tamén presenta novas e apaixonantes interpretacións de obras mestras para esta orquestración, como Auf Dem Strom de Franz Schubert ou Alphorn de Richard Strauss. Esta flexibilidade para mesturar repertorio establecido e obras de encarga é o selo deste ensemble.

María Hinojosa Montenegro, soprano

Licenciada en canto e lied e premio fin de carreira na ESMUC, foi nominada Mejor Actriz Musical en 2007 e 2011 e gañadora do Premio da Crítica  nos Premios Butaca. Ten cantado en Musikverein, Theater an der Wien, Colón de Buenos Aires, Arena de Verona, Opera Philadelphia, Liceu, Auditori, Palau de la Música, Palau de les Arts, Teatro Real e Auditorio Nacional baixo a dirección de Pons, Heras Casado, Marriner, Bolton, Antonini, Onofri, Dantone  o Alessandrini, Biondi. En escena traballou xunto a Albertí, La Fura dels Baus, Els Comediants, Negrín, Carsen ou Pasqual. En 2017 debutou  no Musikverein co Concentus Musicus Wien. Ten gravado xunto a Garrido, Dantone, García Alarcón e Cappella Mediterránea, zarzuelas barrocas dirixidas por Pablo Heras Casado e discos coa Orquesta Barroca de Sevilla baixo a dirección de Onofri e Moretto, e rexistros para RNE, Catalunya Radio, BBC Radio, Radio France e ORF.

Simon Lewis, trompa

O trompista galés Simon Lewis estudiou no Royal Welsh College of Music e na Zürich School of Arts e traballou en orquestras como Welsh National Opera, Malaysian Philharmonic Orchestra, Tonhalle Orchestra Zürich, Gürzenich Orchestra  de Colonia, Real Filharmonia de Galicia ou Sinfónica de Galicia. Participa en festivais de música de cámara como Return Festival en Yerevan (Armenia), Jyväskylä Chamber Music Festival en Finlandia ou European Music Festival en Neerpelt, Bélxica. Foi invitado  como asistente do Profesor Nigel Downing no curso Singing on the Wind entre 2010 e 2013. É trompista da Staatsorchester Rheinische Philharmonie en Koblenz, Alemaña e da Oviedo Filarmonía. É un dos membros fundadores do Ensemble ConcertArt e como solista ten interpretado concertos de Mozart, Bowen, Arnold e Rosetti en Gran Bretaña e Suíza.

Daniel Pereira, piano

Pianista, profesor e investigador, Daniel Pereira realizou un doutorado en artes musicais na Universidade de Maryland, un mestrado na Universidade de Hartford e un diploma de artista na Estatal de Nova York. Lanzou o dobre CD 90 Scriabin Complete Piano Preludes para Odradek Records do que Melómano destacou o seu “pianismo realmente delicioso” e Ritmo que “Pereira ofrécenos a alma de cada obra.” Os International Piano Archives at Maryland publican o seu proxecto Tradiciones Pianísticas, así como Melómano Digital en España. International Piano publicou o artigo Rooted in Tradition sobre o mesmo proxecto. Pereira editou We Can ́t Always Play Waltzes para Carl Fischer e The Teaching of Alfred Cortot para Clavier Companion. Residiu 14 anos en EEUU e en Londres, foi pianista da ESAD de Málaga e do Real Conservatorio de Danza Mariemma de Madrid. É profesor do Conservatorio Profesional de Vigo.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada de balde

Sala Mozart. Auditorio de Galicia

Funcións: 
Martes, 13 Xuño, 2023
20:30
Auditorio de Galicia