XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA – 'Shaping Sounds' de SUONOSUONO
Programa:
Jonathan Burrows (1960) Hands (1995)
Karl Naegelen (1979) La plainte du ney (2011)
Carolyn Chen (1983) Adagio (2009)
Giovanni Solima (1962) Alone (1999)
Simon Steen-Andersen (1976) Next to beside besides #2 (2005)
Pauline Oliveros (1932-2016) Approaches and departures - Appearances and disappearances (1995)
Sara Méndez, saxo
Carolina Bartumeu, violoncello
Suonosuono preséntase en ‘shaping sounds’ co movemento como o seu eixo central. A relación do intérprete co seu discurso musical verase influída e analizada durante a execución das obras. Exploramos os límites da interpretación musical a través dos compositores do noso tempo e cunha combinación inusual que traerá diferentes formas de son, novas e experimentais. Unha hora de música escrita, combinada con improvisación coa que o ointe viaxará da man de Suonosuono con todas as diferentes perspectivas da interpretación musical.