XMC_BMSC: ELAS

DATOS BÁSICOS

CICLO DE PRIMAVERA

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2021

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

 

PROGRAMA

 

Ida GOTKOVSKY (1933-)

POÈME DU FEU, (1978)

I.- Majestuoso

II.- Prestissimo

 

Julie GIROUX (1961-)

ONE LIFE BEAUTIFUL, (2010)

 

Shelley HANSON (1951-)

LA TUMBA DE ALEJANDRO GARCIA CATURLA, (2001)

 

María MENDOZA (1975-)

A RAÍÑA LUPA, (2017)

 

Julie GIROUX (1961-)

LA MEZQUITA DE CÓRDOBA, (2005)

 

Casiano Mouriño Maquieira, director

 

Desde o principio da humanidade, abundan as lendas sobre o lume e a súa orixe que lle confiren un carácter sagrado como no mito de Zoroastro. O Poema do lume da compositora francesa Ida Gotovsky é una obra orixinal escrita en dous movementos: o primeiro é un lume de enormes dimensións, unha fonte de vida no comezo da creación e o segundo, unha forza liberadora, impulsora, que eleva ao ser humano ao rango de demiurgo e por influxo da enerxía, remata na apoteose do lume exaltando así o desexo de Prometeo. O programa inclúe dúas pezas da norteamericana Julie Giroux, One life beautiful é un título con dobre sentido; por un lado, refire a persoa dedicataria esta obra como a "unha vida" belamente vivida e por outro, unha observación directa que conclúe que ter una soa vida fai que a vida sexa sagrada, tráxica pero moi prezada. Unha obra impresionista que describe musicalmente a "doce mágoa" de Shakespeare, a fraxilidade e a forza da vida, o significado do que é vivir verdadeiramente unha vida fermosa. La Mezquita de Córdoba homenaxea a unha edificación acolledora das relixións musulmá, cristiá e xudía, un feito sen precedentes entón e inédito na actualidade, unha celebración musical dos logros multiculturais, relixiosos e artísticos. Shelley Hanson fai unha reflexión musical sobre o compositor cubano Alejandro García Caturla (1906-1940), que estudiou con Nadia Boulanger pero que posteriormente foi asasinado mentres exercía como xuíz. A peza contén dúas composicións diferentes: un exercicio de ritmo puro que combina figuras rítmicas e timbres nunha emocionante viaxe aos ritmos cubanos, con instrumentos ademais de palmas, golpes con lapis e facendo soar chaves e unha homenaxe ao compositor cunha instrumentación estándar de banda para xerar efectos policordais e polirrítmicos. A Raiña Lupa é unha obra de María Mendoza gañadora de numerosos premios de composición que foi galardoada pola sensibilidade musical que transpira ademais de ofrecer uns recursos melódicos e harmónicos comprensibles polo público desde a primeira audición. Así mesmo, a obra traballa timbre e sonoridade da Banda de forma depurada e eficaz.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 10 Xuño, 2021
20:00
Praza das Praterías

UBICACIÓN