XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA XUÑO 2021
Paco Varoch, piccolo
Adrián García, percusión
PROGRAMA
Manuel Añón (1969)
Seis propuestas para el próximo milenio (2020) para piccolo, soporte de audio e proxección de vı́deo de Marina Uceda Farré
Martina Sabariego (1998)
ZoomingTXYZ (2021) per a un percusionista i electrónica
Carla Rees (1976)
Nightsong (2016) para piccolo solo
Kaija Saariaho (1952)
Dolce Tormento (2004) piccolo solo
Allison Loggins-Hull (1982)
Say Can You (2020) para piccolo e electrónica
Donald Erb (1927-2008)
Drawing Down the Moon (1991)
Sonata para piccolo e percusión con proxección de video de Manuela Illera e Valentina Jiménez
Tres indicacións musicas son válidas desde o primeiro ao último compás deste programa: sempre dolce, espressivo e libre. De Manuel Añón Escribá, compositor e musicólogo valenciano, preséntase unha versión revisada para piccolo, soporte de audio e proxección de vídeo da creadora Marina Uceda Farré, Seis propuestas para el próximo milenio estreada no Festival Contemporáneo de Alicante. Zooming TXYZ de Martina Sabariego, é un diálogo entre o escenario e o auditorio que amosa a relación entre fraxilidade e forza. A través de procesos de zoom in e zoom out, establécese unha viaxe que mostra as diferentes caras desta relación infinita e simbiótica entre ambas. A inspiración de Carla Rees para Nightsong chega do son brillante dun paporrubio que cantaba fronte á súa fiestra cada madrugada, a voz clara do paxaro contrastada co silencio circundante e algúns elementos desta idea (aínda que non os tonos en sí). Dolce Tormento de Kaija Saariaho utiliza o poema 132 do Cancionero de Petrarca onde a partitura pide a recitación entre o murmurio do frautín e o sotto voce da voz. A composicións da norteamericana Allison Loggings-Hull navegan entre formas atrevidas de temas populares, experimentais e música contemporánea nunha mestura visionaria, na que implementa electrónica e efectos dixitais. O título e o primeiro movemento de Drawing Down the Moon do norteamericano Donald Erb. refírese aos ritos da antiga Grecia en que as mulleres realizaban feitizos. Pointing the Bone, o segundo movemento, fai referencia a unha práctica esotérica entre os aborixes australianos. O terceiro, Lilith, trata sobre a figura feminina que na lenda rabínica é a esposa de Adán e, cando é suplantada por Eva, convértese nun espírito malvado, (as nais, para protexer aos seus fillos do espírito de Lilith, cantaban cancións que foron a xénese do canto de berce). O movemento final Demon Drummer ven dun conto do século XVII escrito por un percusionista encadeado, no que o tambor escoitase maxicamente noutros lugares.
Paco Varoch
Solista Internacional de piccolo e membro asociado da Mahler Chamber Orchestra, recibiu a súa educación musical en Alzira, Valencia, París e La Haya estudiando con Mª Angeles Grau, Jaime Martin, Philippe Pierlot, Andràs Adorjàn e Marianne Henkel-Adorjàn. En 2005 comeza a súa carreira como músico independente e permítelle ser colaborador de Lucerne Festival Orchestra, Chamber Orchestra of Europe,Orchestre De Paris, musicAeterna, entre outros. Como concertista de piccolo ten estreado o Concierto para flautín de Salvador Brotons coa Banda Municipal de Barcelona baixo a dirección do propio compositor e ten actuado acompañado polas Sinfónica de Galicia e Alicante, Orquesta Vigo413 , Orquesta Sinfónica de Antioquía e Mahler Chamber Orchestra. Foi profesor invitado no Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e impartiu cursos de piccolo no Muzik-Centrum de Dortmund ademais de ser profesor da Filarmónica Joven de Colombia e da Joven Orquesta Nacional de Cataluña. Conta con obras dedicadas dos compositores Miguel del Águila, Manuel Añón, Jesús Santandreu, Stefan Simona-Oprita, Victor Vallés e José Luis Escrivà. En 2018 estreou a produción discográfica Remembrances que inclúe transcricións propias para frautín e piano de obras de compositores cataláns e valencianos.
Adrián García
Profesor do Conservatorio Profesional de Musica Guitarrista José Tomás de Alicante e membro da ADDA-Sinfónica, no 2007, foi galardoado co premio Euterpe do País Valenciano á mellor traxectoria académica. Foi timbalero da Orquesta Sinfónica de Alicante e colaborador de importantes orquestras como a Orquesta Reina Sofía, One World Symphony Orchestra e Jeunesses Musicales World Orchestra, Albeniz Symphonic Orchestra de Nova York e a Filharmónica do estado de Botosani de Romania. Membro fundador xunto ao percusionista Rafa Mayans do Kineticpercussion actuaron nos Festivais máis importantes de música étnica e percusión do panorama nacional.