XMC ·CÁMARA II JONDE

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO

CONCERTO CÁMARA I

Joven Orquesta Nacional de España

Trío Arbós e Joan Enric Lluna, clarinete
Juan Carlos Garvayo, coordinador

A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) volve escoller Santiago de Compostela para celebrar o seu encontro anual. Do 31 de maio ao 4 de xuño a JONDE fará do Auditorio de Galicia o centro da súa actividade artística e formativa cara ao estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. As e os 45 integrantes da formación, con idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, traballarán en ensaios parciais ou seccionais nas diferentes especialidades instrumentais con docentes de recoñecido prestixio na contorna estatal e internacional. Durante este período traballarán en tres proxectos de cámara, baixo a tutela do Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, que se ofrecerán en concerto os días 6, 7 e 8 de xuño ás 20.30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

O concerto do venres 7 de marzo presenta un programa con obras de César Camarero, Mario Davidovsky, Gabriela Ortiz e Thomas Adès que se completa coa estrea absoluta de Rust,de Inés Badalo, unha peza composta especialmente para estas xornadas por encargo da JONDE.

Rust, termo inglés que dá título á obra cuxo significado e sonoridade fonética sintetizan a idea principal sobre a que esta se vertebra, significa óxido, corrosión, palabras que aluden á transformación do metálico; á súa vez, o seu propio son /rʌst/ é evocador do proceso de oxidación, transcurso no que a metamorfose dos materiais xera un cambio radical e pode dar lugar a múltiples texturas, cores, e finalmente, á desintegración do obxecto do que deriva.

Antes do concerto, ás 19.30 horas, a musicóloga Rosa Fernández baixo o título 'Miradas sonoras', ofrecerá unha sesión comentada con notas ao programa para coñecermos en detalle esta proposta artística.

[Foto: Joven Orquesta Nacional de España, por Michal Novak]


PROGRAMA

César Camarero (1962): Music for a liquid theater (2018)
Mario Davidovsky (1934): Flashbacks (2000)
Gabriela Ortiz (1964): El águila bicéfala (2005)
Inés Badalo (1989): Rust (2024) Estrea absoluta. Encargo da JONDE
Thomas Adès (1971): Court studies from The Tempest (2005)

Duración: 
60 min
Entradas: 

Entrada de balde sen necesidade de reserva

Funcións: 
Venres, 7 Xuño, 2024
20:30
Auditorio de Galicia