XMC · ENSEMBLE LIBERDADE

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO

ENSEMBLE LIBERDADE

• Xacobe Martínez Antelo, director
• Elena Vázquez, violín
• María José Pámpano, viola
• Macarena Montesinos, violonchelo
• LAR Legido, batería
• Diego Alonso, saxos
• Xosé Miguélez, saxos e gaita
• Javier Pereiro, trompeta
• Manuel Cebrián, guitarra eléctrica
• Rubén Fernández, voz

 A formación de guerrilla da Orquestra Galega de Liberación, liderada por Xacobe Martínez Antelo, ofrecerá un concerto con entrada de balde o mércores 12 de xuño ás 20.30 horas no CGAC. O público poderá daquela descubrir os detalles deste proxecto centrado na improvisación como fonte primixenia de inspiración e investigación que se artella co cometido de ir superando fronteiras musicais e amosar novos camiños e puntos de fuga que se abren ante nós.

Para esta ocasión, o grupo verase intervido por primeira vez por dúas novas variables que rachan coa sonoridade de cámara, que viña sendo a habitual nesta formación. A guitarra eléctrica de Manuel Cebrián e a voz poliédrica de Rubén Fernández súmanse agora ao violín de Elena Vázquez, á viola de María José Pámpano, ao violonchelo de Macarena Montesinos, á batería de LAR Legido, aos saxos de Diego Alonso, aos saxos e gaita de Xosé Miguélez e á trompeta de Javier Pereiro para artellar un espectáculo que nos rende á exuberancia sonora e dá conta das posibilidades infinitas da música. 

 

Duración: 
60 min (aprox.)
Entradas: 

Acceso de balde sen necesidade de reserva

Funcións: 
Mércores, 12 Xuño, 2024
20:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)