XMC · ENSEMBLE I JONDE

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO

CONCERTO  ENSEMBLE I JONDE

Ensemble Modern e JONDE

Pablo Rus Broseta, director

Isabel Rubio, directora asistente

A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) volve escoller Santiago de Compostela para celebrar o seu encontro anual. Do 31 de maio ao 4 de xuño a JONDE fará do Auditorio de Galicia o centro da súa actividade artística e formativa cara ao estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. As e os 45 integrantes da formación, con idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, traballarán en ensaios parciais ou seccionais nas diferentes especialidades instrumentais con docentes de recoñecido prestixio na contorna estatal e internacional. Durante este período perfilarán dous recitais liderados polo reputado conxunto alemán Ensemble Modern, baixo a batuta de Pablo Rus Broseta como director convidado e con Isabel Rubio como directora asistente, que se presentarán en concerto na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

O primeiro deles terá lugar o mércores 5 de xuño ás 20.30 horas cun programa que inclúe pezas de Mauricio Sotelo, György Ligeti e George Benjamin alén da estrea  absoluta da composición Traces of the Blast (In Aftermath of Explosion),  de Helga Arias. Esta obra ofrécenos unha exploración musical que tenta transmitir as secuelas dunha potente explosión a través do medio expresivo da orquestra.  A medida que avanza a composición, a música explora a reconstrución e reorganización gradual da paisaxe sonora. Xorden temas que representan a resistencia e a adaptabilidade inherentes ás secuelas dun suceso catastrófico. A orquestra colabora na creación dunha narrativa sonora que reflicte tanto a devastación como o potencial de renovación. Traces of the Blast (In Aftermath of Explosion) invita o oínte a experimentar as complexidades da destrución e a renovación a través dun rico tapiz sonoro. É unha viaxe de sons que capta as emocións crúas, as incertezas e o potencial transformador que encerran as secuelas duna explosión.

Antes do concerto, ás 19.30 horas, a musicóloga Rosa Fernández baixo o título 'Miradas sonoras', ofrecerá unha sesión comentada con notas ao programa para coñecermos en detalle esta proposta artística.


Programa

Mauricio Sotelo (1961): De imaginum, signarum et idearum compositione II (2022)
György Ligeti (1923-2006): Hamburgisches Konzert (1998/1999)
Helga Arias (1984): Traces of the Blast (In Aftermath of Explosion) (2024) Estrea absoluta. Encargo da JONDE
George Benjamin (1960): Three inventions (1995)

Duración: 
60 min
Entradas: 

Acceso de balde sen necesidade de reserva

Funcións: 
Mércores, 5 Xuño, 2024
20:30
Auditorio de Galicia